LANCE SEGUNDO
(nove escenas; escenarios α, β, γ e δ)
|
ESCENA
2.1 : ESCENARIO β |
16
de novembro, sábado |
|
coro
de fondo (pianissimo) |
Heiche de contar un conto
un conto de mil mentiras
heiche de contar un conto
un conto todos os días,
heiche de contar un conto
un conto todos os días...
Vamos a contar, meus homes,
vamos a contar mentiras,
eu ben vin arar os peixes
no monte con campaíñas
e se estas sonche verdades
no mundo non hai mentiras... |
|
(de pé MF e AB; sentado no grande sofá, A)
|
A,
MF e AB (a coro) |
Poltugal,
Poltugal, Poltugal, Poltugal
avanzada de nuestra nac... |
|
MF |
Poltugal
non era, ou? |
AB |
Non,
non, presidente, que era.... |
A |
Xibraltal!!
Pasaremos á historia, con H maiúsculo, pasarei como o... |
MF |
Querido,
querido presidente: teño aquí un fax de Francia e están, como ten que
ser, están moi contentos, satisfeitos coa nosa valente decisión. |
A |
Claro!
Claro. Claro, claro, que outra cousa habían dicir da miña autoridade
decisoria? |
AB |
E
mais o outro fax vén de Portugal, e parece que non... |
A |
Claro!
Claro, claro, claro. Como son pequenos, eses sempre teñen que estar
protestando. |
MF |
Mais,
presidente, é que... |
A |
Teñen
que estar protestando. |
AB |
Estar
protestando! |
MF |
Pobriños.
A que lles vai caer. |
A |
Protestando!
(fica ríxido, estático). |
AB |
Sempre
a protestaren: que razón tes, presidente! Unhas veces porque lles
cortamos a auga do Texo e do Guadiana, como se non fosen territorio
'pañol. |
MF |
E as
outras porque abrimos os encoros río enriba. Daquela protestan porque
lles anegan o Ribatexo. |
A |
Ribatexo?
Non é ese do viño? Que viñazo! eh? |
AB |
Sempre
chorando. E todo porque na fronteira lles iamos soterrar uns poucos
residuos nucleares. Absolutamente inicuos. |
MF |
Inocuos,
Paco |
AB |
Inocuos
de nada. |
A |
(acordando)
Sempre protestando! Mais con iso non van conseguir que o país lles
medre. |
MF |
Sempre,
sempre serán pequenos. |
AB |
A
boa oportunidade que se lles dá agora, e non van ficar calados. |
MF |
Caladiños,
qué ben estaban! |
ESCENA
2.2 : ESCENARIO δ |
Á
caída da tarde |
(a lanchiña móvese moito)
|
MF1 |
Non! |
MF2 |
|
MF3 |
|
MF1 |
|
MF2 |
|
MF3 |
E vén outra vez! Xa
foi antes! |
|
MF1 |
Non
debía ser! Non pode!! |
MF2 |
Non pode!!! Cantas
veces aínda? |
|
MF3 |
|
(unha
enorme onda negra cobre a lancha) |
ESCENA
2.3 : ESCENARIO γ |
Domingo,
17 de novembro |
|
OC |
(ao
teléfono) Non, neste momento Don Manoliño non está. Non, señora.
Chame luns. Si: estar, aquí está, mais non vai poder falar con el.
Claro. Meditando. Reunido, isto é, está reunido. En Madrid, señora.
Bendito sexa, si, señora. |
ESCENA
2.4 : ESCENARIO β |
Domingo
17 |
|
A |
(ao
teléfono)
Ana, Anita... Anitísima! Que ha de importarlles ese
barquito aos galegos? O voto alí é seguro. Como en ningún outro
lugar. Os barcos téñenos cada día ao pé da casa. Non lles importa,
muller. A rendibilidade electoral tirámola noutros lugares. Xibraltar.
Xa verás,
¡Gibraltar,
Gibraltar! ¡Gibraltar, Gibraltar!
avanzada de nuestra nación
¡Gibraltar, Gibraltar! ¡Gibraltar, Gibraltar!
punta amada de todo español |
A mi Patria le
robaron,
tierra hispana del Peñón,
y sus rocas hoy hollaron
con el asta de un extraño pabellón |
Pero suenan los
clarines
y se escucha ya el redoble del tambor,
y por todos los confines
se oye el grito de que seas español |
Si. Aos galegos
pouco lles ha de importar. Aos que lles largamos o marrón foi aos
pobres dos portugueses. Que importa? É o que Francia nos manda. Aos
portugueses, total, resúltalles como o que lles facemos cada ano coa
auga. Sae nos periódicos deles, que os nosos, mesmo Galiza, nin chío.
As cousas ben feitas... Non creo que ese barcucho vaia traernos outra
cousa que beizóns, que desta, Aniña, Anitísima, desta liberamos
Xibraltar. Xa verás (procura outras conexións na centraliña).
Quero falar inmediatamente! co ministro de Fomento. Señor Álvarez
Botellas. Inmediatamente! Como!! Cazando?? Ben, moi ben, mais... que
raio andará a cazar? (pendura o teléfono e monologa). Troitas,
salmóns. Cando menos confío en que non cace vacas ou, se non, baixará
a produción de ovos... (pensa e retorna á centraliña) Co presidente
da Csunta de Galiza, Don Manoliño, inmediatamente! Como! tamén caza?
Que sorte a miña! Que falta de indisciplina! (deixa o teléfono á
beira e volve monologar).Eu quería preguntarlle a Don Manoliño en que
acabara o asunto aquel das vacas tolas. Non nos prexudicara, nada en
absoluto, así a todo que el non moveu un dedo. As vacas tolas...
Cazando... Brutamontes dos galegos, que cazarán? Galiñas de leite.
Seguro. |
(entra
MF) |
MF |
Querido
presidente! Querías falar con Don Manoliño? Eu teño o seu móbil. |
A |
(entre
dentes) Por que ten este o número e non o candida... o presidente,
eu?
Mafia, fan a súa propia mafia. E non hai quen lles entre: as súas
galiñas dan o mellor leite, os seus bois o ovo máis fresco. Claro:
ovos marelos das vacas marelas. (En alto) Mariano, Marianiño: os
galegos, como facedes para cazar as ameixas? Son como espárragos
negros: que gusto pode dar cazalas con escopeta? |
MF |
Querido
presidente, iso son os percebes. Xa che darei uns enxertos de percebe
para que os sementes no palacio. Velaquí o teléfono de Don Manoliño. |
A |
(no
teléfono)
Don Manoliño? Como estás! E o pesqueiro, que pasa? Como que
qué pesqueiro? Ese barcucho. O Titanis... o Vertixe. Qué nomes lles
poñen, eses estranxeiros... Que? Preocupado? Ti, preocupado? Xa me
parecía que non. Vas cazar co teu amigo. Qué bárbaro, ho, mira que
traballares domingo... Como te admiro! Ah, ten remolcadores. El xa cho
vai explicar todo. Aí, en Aranjuez. Ten os remolcadores en Aranjuez?
Ah, de caza. Que non entendo o que dis. Vocaliza, home! Ben, pois que
cacedes moito. E dille, xa que ten tanto remolcador, que me pesque uns
percebes e varios caviares. Os caviares mellor que sexan moitos, que son
tan pequeniños. Vaites, vaites, Manoliño, non me veñas con pretextos
infantís... Cres que por ser de Madrid son parvo, eh? O da barca esa,
Estixe ou como se chame, Vestixe, iso é, non vos preocupedes. Xa temos
montada unha operación en firme, vaille caer o morto a Xibraltar e logo
vailles caer o pelo e acabarán ben informados. Espallamos o petróleo
ben; que logo terán que pagar eles todos os pratos, todos (só canta o
comezo da marcha):
Como que qué? Pois Xibraltar! A espiña cravada no corazón de todo
patriota de aquí. Qué somos nós, Manoliño? Antes de conservadores,
previamente á maioría natural, con anterioridade a liberais confesos,
antes de ocuparmos o centro, o que somos é... patriotas! E, cal é a
espiña do patriota de aquí? Pois logo... Por iso importa tanto esa
lancha. Por que outra cousa, logo?
|
ESCENA
2.5 : ESCENARIO δ |
Á
caída da tarde (reiteración da escena 2.2) |
(a lanchiña móvese moito)
|
MF1 |
Non! |
MF2 |
|
MF3 |
|
MF1 |
|
MF2 |
|
MF3 |
E vén outra vez! Xa
foi antes! |
|
MF1 |
Non
debía ser! Non pode!! |
MF2 |
Non pode!!! Cantas
veces aínda? |
|
MF3 |
|
(unha
enorme onda negra cobre a lancha) |
ESCENA
2.6 : ESCENARIO γ |
xoves
14 a domingo 17 |
|
M |
(ao
teléfono) Claro que si, querido amigo (frases inintelixíbeis
por mal pronunciadas; no sucesivo: fimapros) Non hai motivo ningún
de alarma (fimapro). O mar, grazas a Deus, é moi grande e
absórbeo todo (pendura o teléfono). Arsénico! Arsénico!! (entra
DG) |
DG |
É
Arsenio, Don Manoliño. |
M |
Si,
claro, claro (fimapro). Encárgaste ti, eh, Arsénico? |
DG |
De
que, Don Manoliño? |
M |
Albíxaras,
Arsénico, do que che acabo de dicir (fimapro), é que estás
amnésico? |
DG |
Non
entendín, Don Manoliño. Imaxino que será algo importante que debo
facer como delegado do goberno que son. |
M |
Nin
delgado nin berno nin porras, Arsénico. Ti fas o que eu che digo e (fimapro).
E non teño nada máis que dicir. |
(Érguese e sae con andar paquidérmico; os focos televisivos iluminan a
DG que, armado duns papeis, ten que dar unha roda de prensa. O que segue
é un collage de citacións case textuais non debidas ao autor.
Aínda sen adxudicárllelas aos verdadeiros creadores, o autor non se
confesa plaxiario, por ser do dominio público os auténticos
responsábeis, persoas públicas que proferiron os elementos
desta collage como declaracións públicas) |
DG |
Probabelmente
o fuel non toque a costa galega. |
M |
O
perigo máis grave xa pasou. |
DG |
Co Vertixe
a 60 millas o risco non é alto. |
MF |
O Vertixe
xa non é cousa nosa: agora está en augas de Portugal. |
MS |
Afortunadamente,
a rápida intervención das autoridades españolas, arredando o barco da
costa, fai que non temamos unha catástrofe ecolóxica, como aconteceu
noutras ocasións, nin prevemos grandes problemas para os recursos
pesqueiros
|
(Xorde
no lateral AB, vestido de cazador e disparando á distancia) |
AB |
Aquí
estou eu, descansando. No Pirineo. Nun Pirineo. (Mira en derredor) É
que estaba moi cansado (desaparece). |
MS |
(cantando:)
Ola! Estamos aquí, tan ricamente, en Doñana. Dona-Ana. Disfrutando da
ecoloxía, porque isto da ecoloxía é tan... tan... |
MF |
...
tan bonito... |
A |
...
tan mono. |
MS |
Sénteste
tan próxima á natureeeeza... |
A |
E a
Xibraltar!! Xibraltar, Xibraltar! A min, a natureza: que me importa? |
MS |
Cómpre
estar tranquilos: é imposíbel que o barco afunda e, de facelo, o
petróleo nunca chegará á costa |
M |
E o
que diga o contrario mente. |
DG |
Todo
o fuel que tiña que chegar á costa xa chegou. |
MF |
Non
se pode falar de marea negra; son manchas negras e dispersas. |
ESCENA
2.7 : ESCENARIO α |
Día
19 de novembro, martes |
(sen ninguén na ponte, o barco móvese e renxe moito; hai relustros
e tronos ritmicamente separados; escóitase o transmisor/receptor de
radio)
|
radio |
Alô,
Vertixe. Cá 'tá o controlo da Marinha Portuguesa a falar. São
informados de que estão para entrarem já nas águas territoriais, zona
económica exclusiva de Portugal, pa, e disso nada, pa!: se entrarem
para Portugal, nós afundamo-los. Não se importem do que lhes disseram
espanhóis, que nós afundamos, pa. Palavra. Câmbio... Alô, Vertigem?
Câmbio, pa (un trono máis prolongado do que calquera outro fai apagar
todas as luces. Desaparece o escenario α para sempre) |
ESCENA 2.8 : ESCENARIO γ |
De
19 novembro a 1 decembro, mais unha confesión serodia do 8 |
(Nova
collage de citacións case
textuais perpetradas como declaracións públicas)
|
MF |
O
barco afundiu. Mais o fuel solidificarase no fondo do mar. |
DG |
O
destino do fuel no fondo é converterse en adoquín... |
M |
Se
fai falla, volvo bañarme como empalma... (un fimapro), como en
Palomares |
DG |
Hai
unha cifra clara, e é que a cantidade que se verqueu non se sabe. |
M |
E o
que diga o contrario mente. |
MS |
O
goberno actuou con dilixencia. Nós viñemos seguindo isto desde o
primeiro momento, que o director xeral está aquí desde o sábado. |
MF |
Non
hai o menor perigo de que a marea negra chegue ás Rías Baixas. E desde
Punta Langostera a la Cuesta de la Muerte está todo
controlado. |
DG |
Don
Manoliño non saíu de Galiza. |
M |
Estou
onde teño que estar; e Deus, e Santiago, vannos axudar |
A |
Non
fun a Galiza porque xa estiveron varios ministros. Varios ministros.
Varios ministros! |
M |
O
sábado estiven no meu despacho até moi tarde, logo viaxei a Madrid,
onde tiven unha reunión tranquila con miña filla, que é a secretaria
de Pesca... O domingo estiven con uns amigos, que deixei tirados porque
eu non podía quedar á cazaría (un fimapro)... entre os amigos
atopábase Fernando da Cámara de Comercio de Madrid, un dos que máis
entenden de hidrocarburos... |
AB |
Don
Manoliño estivo todo o fin de semana traballando coordinadamente co
Gobierno. |
M |
O da
miña cazaría é unha patraña!! E quen diga o contrario mente!! (apágase
e retorna) Estiven de cazaría catro horas e volvín sen comer...
Sen comer, eu! |
MF |
O
verquido afecta a unha parte importante, uns cincocentos quilómetros,
mais non é unha marea negra. Apenas pequenas manchas. Nun fondo de 3500
metros e dous graos de temperatura, o fuel estaría nun estado sólido:
o combustíbel non se verquerá... |
AB |
Se
non chegamos a arredar o buque mar a dentro, a mancha xa estaría na
costa! |
A |
O
que non imos facer é ir a Galiza a quitar a foto, a non resolver nada e
a mercadear, senón con solucións baixo o brazo e compromisos,
que é o meu traballo. Aínda que, para o que me pagan... Eu quero
dicirlles a vostedes que son moi consciente e todo o mundo é consciente
de que a capacidade de crear alarma é ilimitada. Alarma, crear alarma.
Crear! Alarma! Pódense crear todas as alarmas que se queiran e mesmo,
por que non o vou dicir?, faise nalgunhas ocasións e faise, ademais,
conscientemente de que se está creando alarma, e probabelmente,
ademais, non existen elementos de constatación dalgunhas informacións
que se están dando desde un punto de vista real, desde un punto de
vista fundamentado, desde un punto de vista. Considero fóra de lugar
facer ao Goberno responsábel da catástrofe, e coido que quen o fan
cometen unha grave torpeza, mesmo para o seu propio futuro... usan a dor
allea como mercancía política. Algúns andan moito máis preocupados
no aproveitamento propio da dor allea e dunha catástrofe que en
manifestar a súa solidariedade. |
CW |
(dirixíndose
a A) The president Pipe Ramy said - Nunca Máis!, and I believe him. |
tradutora
en off |
O
presidente Pepemari dixo: Nunca máis!, e eu créollo... Cre que
o dixo! |
|
A |
(dirixíndose
a AB, MF e MS) Esa gravación miña, que desapareza! |
MF |
Pero...
señor presidente, estás ti co presidente dos EUNidos, Mister Wayne,
Don Charlton Wayne, a súa imaxe, tan boa para a túa imax ## |
A |
Que
desapareza! que se risque! que nunca mái... perdón!!, que xamais volva
aparecer nin na nosa televisión nin na privada. Ar! Xibraltar,
Xibraltar....! |
(escóitase
fondo de voz colectiva:) Nunca Máis! Nunca Máis...!! |
ESCENA 2.9 : ESCENARIO δ |
(a lanchiña
móvese moito) |
Á
caída da tarde |
|
MF1 |
Non! |
MF2 |
|
MF3 |
|
MF1 |
|
MF2 |
|
MF3 |
E vén outra vez! Xa
foi antes! |
|
MF1 |
Cada
dez anos!! |
(encallan
bruscamente en terra negra, negra como o acibeche) |
MF2 |
Chapapote
por todas partes!! Outra desgraza!! Cada dez anos!!! |
MF3 |
Non
podía pasar máis!! Nunca máis!!! |
|
MF1,
MF2 e MF3 |
Chapapote!
Nunca!! Máis!!! |
|
|
PANO |